![]()
Somos dúas mestras de educación infantil cun proxecto entre mans. Aínda que máis que un proxecto é un modo de ver e entender a educación e a vida. Unha visión do mundo que nos inflúe persoal e profesionalmente, tanto dentro como fóra da aula.
A través desta web, queremos compartir con vós (docentes, familias e comunidade en xeral) os fundamentos desta proposta e, por suposto, a posta en práctica da mesma na aula.
Visitando a pestana «NÓS E A NOSA PROPOSTA» (no menú superior) poderedes profundar nos fundamentos teóricos que nos sustentan, coñecer os referentes que nos guían ou descubrir algo máis sobre nós. Pinchando en «ENTRA NAS NOSAS AULAS» teredes acceso ao blog, no que procuraremos dar unha visión realista do noso día a día.