Un 25N en pandemia

LEER ESTA ENTRADA EN ESPAÑOL

Durante o confinamento as chamadas ao 016 aumentaron un 400%.

O feminismo salva vidas #omachismoepandemia

Como cada día do ano, dende Sentindo en Feminino, achegamos o noso alumnado de Educación Infantil á realidade da violencia machista. Cremos que o ámbito educativo é un escenario esencial para previr este tipo de violencia e para establecer un modelo social igualitario.

Nesta ocasión, o ciclo enteiro embarcouse na aventura da gravación dun videoclip a partir da canción «Por Elas» de Adhara e Ritman.

Por suposto, para chegar a esa parte recorremos ás mellores recomendacións lectoras:

Despedímonos co video da visita que a TVG fixo á nosa escola no día 20 de novembro (Día dos Dereitos da Infancia), para entrevistar o noso alumnado e cunha invitación a visitar a derradeira entrada do blog da nosa compañeira Berena, onde prepara unha receita moi creativa para esa conmemoración.

Aquí podedes ver o traballo que desenvolvemos en cursos pasados con motivo desta data.

Un comentario en “Un 25N en pandemia

Deja un comentario