LEER ESTA ENTRADA EN ESPAÑOL
![](https://sentindoenfeminino.wordpress.com/wp-content/uploads/2020/12/captura-de-pantalla-2020-12-20-a-las-18.55.29.png?w=1024)
Cada vez que chega o Nadal achegamos ás nosas aulas os catálogos de xoguetes que invaden a cidade. Reflexionamos sobre eles, falamos de estereotipos, de roles e invisibilizacións.
Cada curso desenvolvemos pequenas propostas que buscan fomentar o pensamento crítico do noso alumnado de educación infantil e achegar ditas reflexións ás familias e á comunidade en xeral.
Neste curso, a proposta medrou ata un nivel que nin nós mesmas esperabamos. Todas as aulas de educación infantil do noso centro se implicaron e mesmo recibimos aportacións dalgunhas de primaria.
O resultado, esta GUÍA – CATÁLOGO DE AGASALLOS de Nadal que temos o inmenso pracer de compartir convosco! Agardamos que vos sexa de utilidade!
![](https://sentindoenfeminino.wordpress.com/wp-content/uploads/2020/12/grazas-1.png?w=1024)
Un comentario en “OS AGASALLOS QUE QUEREMOS”