A caixa dos sentires

LEER ESTA ENTRADA EN ESPAÑOL

O traballo emocional, o coñecemento mútuo, a cohesión do grupo, son piares fundamentais para nós na aula. Por esta razón, xa no período de adaptación deste curso, puxemos o foco de atención na rede afectiva do alumnado. Trouxemos á aula, a través do conto «O fío invisible», ás persoas fundamentais na vida das nosas nenas e dos nosos nenos.

Partindo disto, simultaneamente ao desenvolvemento de xogos de presentación, afecto e coñecemento, iniciamos no mes de xaneiro unha proposta moi motivadora chamada «A caixa dos sentires».

Coa proposta do fío invisible, puxemos o centro de atención nas persoas, pero coas caixas dos sentires, quixemos dar visibilidade aos obxectos, ás vivencias e aos momentos máis importantes da vida das nosas pequenas e dos nosos pequenos.

A premisa era a seguinte, durante as vacacións de Nadal, debía elixir unha caixa, decorala ao seu gusto e introducir nela eses obxectos e momentos imprescindibles (bonecos/as, mantiñas, xoguetes, contos,…). Por suposto que hai cousas necesarias no día a día que non poden ser metidas nunha caixa e deixadas na escola por máis dun mes, polo que neses casos, podíanse substituir por fotos das mesmas.

A maiores e tendo en conta a idade no noso alumnado (4º de educación infantil), solicitamos ás familias que incluiran na caixa unha carta explicativa que nos axudara en caso de ser necesario.

Cada día, no faladoiro, unha persoa abría a súa caixa e a compartía co grupo. A caixa quedaba aberta o resto do día no recuncho da biblioteca para que todas e todos puideramos revisala.

Por suposto, as mestras tamén preparamos as nosas caixas.

Cando todas as caixas foron abertas, invitamos ás nosas madriñas e aos nosos padriños de 1º de primaria a velas. As afilladas e os afillados estaban desexando compartilas con eles/as. Pero isto, xa volo contaremos noutra entrada.

Un comentario en “A caixa dos sentires

Deja un comentario