Selva, de Marina Gibert, como proposta de desfrute e mellora da atención do alumnado.

LEER LA ENTRADA EN ESPAÑOL

Marina Gibert obtivo con Selva o XIV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. Cando o descubrimos, soubemos que era unha obra que nos ía permitir desenvolver algunha proposta específica, para poder gozalo como se merecía. Desa maneira, comezamos a traballar na aula Coralia os diferentes tipos de atención e resultou un grande éxito! E así vola presentamos.

Xustificación:

A nosa proposta pretende traballar a atención e mellorala, tendo en conta os distintos tipos de atención e apoiándonos no álbum ilustrado de Marina Gibert, Selva.

Seguir leyendo

Afectos e memoria II: propostas interxeracionais na aula.

LEER ESTA ENTRADA EN ESPAÑOL

Nas familias, os avós e as avoas do noso alumnado son moi importantes nas nosas aulas. Adoitamos compartir tempo con elas e eles e son quen nos permitiron desenvolver un dos nosos traballos máis importantes, o Libro da Memoria!

Pero había tempo que queriamos desenvolver o traballo interxeneracional fóra do ámbito familiar, sabedoras da importancia das relacións entre persoas de diferentes idades. Como empezabamos cun grupo de 3 anos, non pensamos que este curso se puidera realizar pero, ás veces, todo vén dado.

Seguir leyendo

Afectos e memoria I: lectura e infancia

LEER ESTA ENTRADA EN ESPAÑOL

Presentámosvos un traballo que realizou unha de nós para a Revista Grial, que vén de ser publicado no seu espazo O espello das letras.

Achegámonos á obra de Tomie de Paola: Avoa de arriba e avoa de abaixo. Agardamos que sexa do voso interese e que complemente a seguinte entrada, que trata tamén de afectos e memoria («Afectos e memoria II: propostas interxeracionais»).

Seguir leyendo

O amadriñamento e o apadriñamento nas nosas aulas (1ª parte)

LEER ESTA ENTRADA EN ESPAÑOL

A proposta de amadriñamento e apadriñamento que desenvolvemos, quere ir máis aló do mero apoio lector que se fai nos centros. Busca a creación real de vínculos internivel entre alumnado de diferentes aulas. Busca que as pequenas e os pequenos teñan referentes nos cursos superiores, que lles faciliten as transicións entre etapas, que os aconsellen e acompañen ao longo da educación infantil e primaria. Busca o protagonismo activo por parte de todo o alumnado e que as maiores e os maiores asuman responsabilidades e desenvolvan dinámicas de coidados cos seus iguais.

Seguir leyendo

APRENDER A PENSAR: O PENSAMENTO DIVERXENTE NA EDUCACIÓN INFANTIL

LEER ESTA ENTRADA EN ESPAÑOL

«Quen queira ensinarnos unha verdade, que non no lo diga: que nos sitúe de modo que a descubramos nós»

José Ortega y Gasset (1883-1955)

A COVID-19, fixo que deixaramos a un lado moitas propostas que, se ben criamos interesantes, non eran imprescindibles.

O ter que baleirar o espazo físico das aulas daquilo superflúo fixo que tamén desbotaramos da nosa programación de aula algunhas actividades que viñamos desenvolvendo e quedaramos co esencial: “Aprender a pensar”.

Seguir leyendo

Un 25N en pandemia

LEER ESTA ENTRADA EN ESPAÑOL

Durante o confinamento as chamadas ao 016 aumentaron un 400%.

O feminismo salva vidas #omachismoepandemia

Como cada día do ano, dende Sentindo en Feminino, achegamos o noso alumnado de Educación Infantil á realidade da violencia machista. Cremos que o ámbito educativo é un escenario esencial para previr este tipo de violencia e para establecer un modelo social igualitario.

Nesta ocasión, o ciclo enteiro embarcouse na aventura da gravación dun videoclip a partir da canción «Por Elas» de Adhara e Ritman.

Seguir leyendo

A educación como prioridade nos tempos da pandemia.

LEER ESTA ENTRADA EN ESPAÑOL

Se consideramos que a saúde é o “estado completo de benestar físico, mental e social, non só a ausencia de afeccións ou enfermidades” (OMS), a escola xoga un papel fundamental, pois as aulas son o lugar idóneo para desenvolver os autocoidados e a promoción de estilos de vida saudable. Tamén son o mellor lugar para traballar coas pequenas e pequenos a xestión dos pensamentos e das emocións, onde mellor se crean as relacións sociais e onde mellor se pode preparar para participar activamente e en igualdade na sociedade. A escola é a grande compensadora das desigualdades, iso sabémolo ben as/os docentes. Desgraciadamente, as circunstancias que estamos a vivir poden facer que iso non sexa posible e que, ademais, se produza un grande retroceso en moitas das dinámicas e adquisicións que se foran acadando nos nosos centros e que tanto custara chegar a elas. Con respecto ás afeccións e enfermidades, no caso da COVID-19, se a volta ás aulas non se realiza con garantías, poderiamos botar abaixo os alicerces que sosteñen a escola e a saúde.

Seguir leyendo

TEMPO DE AGRADECER

LEER ESTA ENTRADA EN ESPAÑOL

Neste tempo que nos está a tocar vivir, no que a saúde das persoas periga e os cimentos da estrutura social tremen, tivemos que adaptarnos a unha nova e complexa situación.

Vivimos un tempo, difícil, excepcional e de incerteza, no que, ás veces, se esquece a infancia, no que a miúdo non se repara na diversidade, no que a linguaxe inclusiva parece non ter importancia.

Queremos agradecer todo o que estamos a recibir das persoas que, xa habitualmente, están dispostas a colaborar con nós.

Seguir leyendo