TEMPO DE AGRADECER

LEER ESTA ENTRADA EN ESPAÑOL

Neste tempo que nos está a tocar vivir, no que a saúde das persoas periga e os cimentos da estrutura social tremen, tivemos que adaptarnos a unha nova e complexa situación.

Vivimos un tempo, difícil, excepcional e de incerteza, no que, ás veces, se esquece a infancia, no que a miúdo non se repara na diversidade, no que a linguaxe inclusiva parece non ter importancia.

Queremos agradecer todo o que estamos a recibir das persoas que, xa habitualmente, están dispostas a colaborar con nós.

Seguir leyendo

8M: LOITANDO CONTRA A INVISIBILIZACIÓN

LEE ESTA ENTRADA EN ESPAÑOL

«Temos que organizar a sociedade doutro xeito. Temos que colectivizar os coidados! Queremos que todos e todas nos ocupemos. Tamén que as institucións dean resposta a estas necesidades. Queremos que sexa unha cuestión política e económica de primeira orde, garantindo o dereito real de todas as persoas a ser coidadas integralmente, é dicir, con acceso a recursos, con criterios de xustiza social e desde unha perspectiva feminista. Esiximos o dereito a unha vida digna e feliz para todas as persoas! Imos loitar polo que é invisíbel» (extracto do manifesto de Galegas8M).

A obra de Vandis pareceunos perfecta para ilustrar a forza do colectivo e a loita contra o invisible. Un ano máis unímonos no 8 de marzo para reivindicar a igualdade real.

Nós como mestras, feministas e defensoras da necesidade de situar a VIDA das persoas no centro do proceso educativo, sumámonos á conquista da igualdade dende as nosas aulas.

Seguir leyendo

Día do AMOR (en maiúscula): o Libro das Palabras Fermosas

LEE ESTA ENTRADA EN ESPAÑOL

A orixe do Día do Amor vén ligada á figura dun sacerdote, San Valentín, que casaba clandestinamente as parellas novas namoradas, na época en que Claudio II prohibira estes matrimonios pola crenza de que os mozos solteiros eran mellores soldados. Así, esta data do santoral quedou vencellada ao amor romántico.

Co paso das décadas e coa axuda dalgúns -ismos (como o capitalismo ou o machismo) esta celebración converteuse en perpetuadora de estereotipos e reforzadora de mitos sobre o amor. Estes mitos pretenden servir de guía para xulgar o socialmente entendido como «normal» ou desexado dentro dunha relación e asentan nas mentes das persoas un imaxinario irreal do que deben esperar de si mesmos/as e das súas parellas. Hai que ter moito coidado con estas expectativas irreais, pois impiden aceptar e mesmo detectar cando unha relación non é satisfactoria ou resulta tóxica.

Seguir leyendo

11F DE 2020: Día da Muller e a Nena na Ciencia

LEE ESTA ENTRADA EN ESPAÑOL

En 2015, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas proclamou o 11 de febreiro como Día Internacional da Muller e a Nena na ciencia. Na web https://11defebrero.org podedes consultar toda a información relativa a esta iniciativa, que ten como obxectivos fundamentais:

  • Eliminar os estereotipos de xénero dentro do ámbito da ciencia e da tecnoloxía (STEM).
  • Fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas en nenas e adolescentes.
  • Visibilizar o traballo das científicas e tecnólogas, e crear roles femininos no ámbito STEM.
  • Coñecer as causas da brecha de xénero e promover prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico.
Seguir leyendo

Educando para o conflito: 30 de Xaneiro, Día Escolar da Paz.

LEE ESTA ENTRADA EN ESPAÑOL

O 30 de Xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. A data para esta conmemoración foi elixida por ser o día do asasinato de Mahatma Gandhi, pensador, gran pacifista e practicante da desobediencia civil non violenta.

Antes de afondar no traballo de aula que desenvolvemos co noso alumnado nesta data, quixeramos facer mención a un par de aspectos que nos parecen salientables:

Seguir leyendo

Educar é sinónimo de coeducar. Normativa que o sustenta

LEE ESTA ENTRADA EN ESPAÑOL

Coeducar significa, educar en común, en igualdade, á marxe do sexo das persoas. Significa detectar todos os estereotipos asociados ao masculino e ao feminino, ser conscientes deles, reflexionar sobre os mesmos e pór en marcha as medidas necesarias para eliminalos da nosa linguaxe e do noso comportamento.

A coeducación é un proceso intencionado de intervención a través do que se potencia o desenvolvemento de nenos e nenas, partindo da realidade de sexos diferentes, cara a un desenvolvemento persoal e unha construción social común e non enfrontada.

Seguir leyendo

25 N: día internacional contra as violencias machistas

LEE ESTA ENTRADA EN ESPAÑOL

Como cada ano, neste 25 de Novembro, celebramos o día da eliminación das violencias machistas. Un día de concienciación, por desgraza, cada vez máis necesario para poñer fin á situación de violencia á que se enfrontan as mulleres en todo o mundo.

Nesta entrada explicarémosvos como abordamos este día dende as nosas aulas de educación infantil pero, antes, para quen estea interesada/o en afondar nas súas orixes, deixámosvos unha entrevista con Minou Tavarez (a filla dunha das irmás Mirabal).

Seguir leyendo